PodAr (8 minutos)

Peza inserta nun mecanismo lúdico de duración indeterminada onde a dramaturxia constrúese mediante a inversión dos parámetros que conforman o feito escénico.
En PodAr, o espectador asume un rol social activo e polo tanto é por definición espect-actor. Aínda que o seu posicionamento sexa “non obedecer” as instrucións escritas, a pasividade será entendida polo actuante coma unha peculiar actividade. Por outra banda, o actuante (único receptor propiamente dito) levará a cabo a súa acción sen atender as réplicas e as accións das persoas presentes.
Aínda que cada asistente encontrará na cadeira unha instrución posible (intercambiable coa instrución doutro asistente), o xogo permite reservar un número de espectador/a (non se reservarán cadeiras), enviando unha mensaxe ao teléfono/correo electrónico do actuante cuxo corpo de texto sexa un número de 1 á 50 (inclusive ambos).
Neste caso, como é lóxico, por as dúas partes adquírese e acéptase o compromiso de acudir e intervir no acto.

Normas básicas
1. O actuante (ou outro actuante) presentará o evento.
2. Cara a unha mellor interpretación, sobre as cadeiras que ocuparán os espectadores se colocará o texto parcial ou completo da peza, coa indicación:
VOSTEDE É O/A POSIBLE ESPECTADOR/A Nº_____
3. O tempo dramático comezará cando o actuante o indique.
4. Se fose necesario, o actuante nomeará a un dos asistentes no acto coma axudante seu.
5. Das 50 instrucións se ofertarán 20 a través do correo, 20 persoalmente, e o resto permanecerá no campo da intriga.
6. O actuante resérvase a facultade de anular, repetir ou multiplicar as instrucións previstas pero non as concertadas.
7. Se vostede ten claro o seu número de espectador -ou coñece o contido e o rol das accións relativas ao mesmo-, é conveniente que ademais de efectuar a reserva memorice todo con pulcritude antes de acudir ao acto.
8. Calquera dúbida será respondida amablemente a través deste medio.
9. As críticas e parabéns recaerán de maneira proporcional sobre todos os asistentes.

CADRO DE ACTUANTE
O performer cortará unha flor lentamente cunhas tixoras

CADRO DE ESPECTADORS

ESPECTADOR/A 1
TEMPO: Comezar exactamente ao minuto 1 e 5 segundos (1’ 5’’). Duración: Non menos de 15 segundos.
ESPAZO: O espazo que circunda á cadeira.
ACCIÓN: De pe -e con decisión-, pensar, sentir ou expresar en voz alta cara outros espectadores o seguinte:
A piques de ser podadas
obrigábanllas a cantar
metíanllas en bolsas de papel
e unha vez afogadas
deixábanse facer
Todo estaba moi estudado.
A continuación sentarse sen atender a ningunha réplica ou xestos de ninguén.

ESPECTADOR/A 2
TEMPO: Comezar ao minuto 1 e 21 segundos (1’ 21’’). Duración: Todo o resto do tempo.
ESPAZO: O que mentalmente sexa necesario.
ACCIÓN: Sentado/a, para se mesmo/a en voz moi baixa, audible apenas:
É que ninguén vai a facer nada?

ESPECTADOR/A 3
TEMPO: Comezar exactamente ao minuto 0 e 1 segundos (0’ 1’’). Duración: A maioría do tempo.
ESPAZO: O que abarque a vista.
ACCIÓN: Sentado/a, mirar ao redor con xesto de superioridade (ti sabes o que está a pasar realmente).

ESPECTADOR/A 4
TEMPO: Comezar exactamente: (a = 1’ 21’’) (b = 2’ 44’’), (c = 4’ 6’’) e (d = 6’ 32”). Duración: 5 segundos cada vez.
ESPAZO: A intersección do seu espazo propio co espazo da réplica.
ACCIÓN: Sentado/a, acercándose á persoa que se encontra á man dereita (a), (c), e man esquerda (b), (d), e sen mirar aos ollos, pero falando con suxestión:
(a) Definitivamente o arte é morto. Xa non hai nada capaz de subverternos.
A continuación mirar con concentración ao actuante.
(b) Ultimamente todo o que vexo é unha merda. Non salvo nada.
A continuación mirar con concentración ao actuante.
(c) Eu coñezo ao performer, é amigo dun amigo meu.
A continuación mirar con concentración ao actuante.
(d) Qué farás o Nadal próximo?
A continuación e sen esperar resposta, mirar con concentración ao actuante.
ESPECTADOR/A 5
TEMPO: Comezar exactamente ao minuto 1 e 27 segundos (1’ 27’’). Duración:?
ESPAZO: O mínimo posible.
ACCIÓN: De pé, enriba da cadeira. Cos brazos moi estendidos e co profundidade rítmica:
Aquí cheira a pranto.
A continuación, ocupar tranquilamente á cadeira correspondente.

ESPECTADOR/A 6
TEMPO: As instrucións para o espectador 6 son atemporais, e é libre de actuar no momento que queira e durante o tempo que precise.
ESPAZO: O baleiro inútil encaixado entre as catro patas dunha cadeira.
ACCIÓN: O espectador 6 actuará coma si fose un espectador anulado.

ESPECTADOR/A 7
TEMPO: Comezar exactamente ao minuto 2 e 0 segundos (2’ 0’’). Duración: 30 segundos.
ESPAZO: O políticamente correcto.
ACCIÓN: Sentado/a na cadeira. Co naturalidade e sen intención de proxección, pero cun sentido claro –do xeito que o actuante entenda a dirección da elocución-, dicir:
Eu non vou a facer nada mentres non fagan algo os que nos gobernan. Se eles permiten que isto pase, qué podo facer eu? Eu non son ninguén, fagamos o que fagamos os nosos actos non serán tidos en conta. Vivimos nun mundo estranxeiro que nos obriga a crernos cidadáns, pero non somos mais que pezas illadas que dan sentido ao labirinto. Perdón, o labirinto non pode ser nomeado. Perdón, o labirinto non pode ser dito, nin debuxado, nin pensado. Perdón, o labirinto extingue o fogo dos pensamentos, o alento das vontades, a pel das accións.
A continuación, volver a sentarse sen atender a ningunha réplica de ninguén.

ESPECTADOR/A 8
TEMPO: Comezar exactamente cando termine a réplica anterior (número 7). Duración: O que dura un relustro.
ESPAZO: O que abarca en superficie un metro cadrado -coa cadeira no centro-.
ACCIÓN: Levantarse de súbito e lanzar co énfase a seguinte pregunta ao espectador 7:
E ti, quén es? Non vexo que sexas capaz de falar con sinceridade.
A continuación contar ata dez (mantendo a mirada fixa nos ollos de 7) e volver á cadeira.

ESPECTADOR/A 9
TEMPO: Comezar a preparar á acción desde moito antes do principio. Duración: De 2 a 24 horas aproximadamente.
ESPAZO: O espazo coincide co recorrido anterior ata chegar ao espazo de espectación e o recorrido posterior unha vez finalizada a espectación.
ACCIÓN: Estar extremadamente concentrado/a no seu rol de observador.

ESPECTADOR/A 10
TEMPO: Para vostede o tempo non existe.
ESPAZO: O propio corpo.
ACCIÓN: A libre elección, sempre e cando responda a premisa seguinte:
VOSTEDE ALÉGRASE DO QUE VE

ESPECTADOR/A 11
TEMPO: Comezar cada cinco segundos (mentais) contando desde o principio. Duración: O que dura unha exhalación.
ESPAZO: O aire necesario para respirar.
ACCIÓN: Suspiro incontrolable.

ESPECTADOR/A 12
TEMPO: Comezar exactamente ao minuto 2 e 30 segundos (2’ 30’’). Duración:40 segundos.
ESPAZO: O espazo que sostén os pes, a columna ou corpo –segundo o caso-.
ACCIÓN: De pe, sentado/a ou tombado/a, xesticulando esaxeradamente coas mans, dicir, pensar ou sentir do xeito calmo o seguinte texto:
Xa

ESPECTADOR/A 13
TEMPO: Comezar exactamente ao minuto 2 e 30 segundos (2’ 30’’). Duración: 15 segundos
ESPAZO: Non se precisa.
ACCIÓN: Silencio, dentro dun contexto de comportamento antisocial cotiá (por exemplo: mastigar un gran “sugus” -real ou imaxinario- facendo ruído todo o tempo que dura o acto).

ESPECTADOR/A 14
TEMPO: Continuo.
ESPAZO: Un papel.
ACCIÓN: Escribir nunha folla e sen parar cun lapis todo o que está a pasar na escena. (En caso de non ter papel é lapis solicitar este material ao actuante). Ao finalizar o acto, espectador/a 14 non ofrecerá ao actuante o resultado, esperará que o actuante cho solicite e cando isto ocorra negará a existencia desta dramaturxia.

ESPECTADOR/A 15
TEMPO: Comezar exactamente ao minuto 2 e 30 segundos (2’ 30’’). Duración: O que sexa necesario.
ESPAZO: Todo o espazo escénico transitable.
ACCIÓN: O espectador se incorporará e tranquilamente se dirixirá cara o actuante. Amablemente lle pedirá con xestos ou con accións que deixe de facer o que está a facer, pero sen convicción algunha. A continuación, volverá a súa cadeira sen intentar con outros medios deter a acción do actuante. Unha vez no asento, arrepentirase.

ESPECTADOR/A 16
TEMPO: Comezar exactamente ao minuto 2 e 30 segundos (2’ 30’’). Duración: Ata o final.
ESPAZO: Xusto a inversión do espazo escénico utilizado.
ACCIÓN: Partido dunha posición estable, espectador/a 16 se levantará pausadamente e dará as costas ao actuante. Nesta posición e mirando cara un infinito imaxinario permanecerá ata que termine o acto, tendo na súa cabeza o pensamento seguinte:
Ás fráxiles cousas érguense dende o chan que cheira a humus a auga podre a asubíos dos mananciais ao mesmo tempo cas estruturas derrúbanse no ceo arquitectónico no ceo bolsista no ceo tráxico da enteira humanidade, e ti, sen querer nada mais cun anaco de terra virxe para plantar un bacelo, e ti, sen atender as miradas que te reclaman que te esquezas de todo o que che fai mal, e ti, que levas a túa boca un puñado de anhelantes cristais que se cravan nas pupilas dos espellos da memoria en branco do teu vestido sen poder andar apenas estralada espelida escoura.

ESPECTADOR/A 17
TEMPO: Comezar exactamente ao minuto 2 e 33 segundos (2’ 33’’). Duración: Dependendo da intensidade pode ser que sexan necesarios só uns minutos ou todo o tempo restante.
ESPAZO: Virtual.
ACCIÓN: Pasou o tempo suficiente coma para que a acción que estás a presenciar che afecte e comeces a chorar silenciosamente (non o fagas inmediatamente, date un tempo). Logo, cun pano da man secarás os teus mocos e cando non podas máis, te levantarás e te irás da cafetaría onde te encontras, sen dar explicacións aos que che piden explicacións, sen atender a ninguén nin tampouco a ti mesmo/a.

ESPECTADOR/A 18
TEMPO: Comezar no momento exacto que o espectador 16 regresa do duelo co actuante. Duración: 1 minuto aproximadamente.
ESPAZO: A liña que separa 16 de 18.
ACCIÓN: Levantarse, andar cara a 18, dubidar, ter en mente unha palabra de ánimo, dubidar, dar un paso, deterse, disimular, sacar un obxecto calquera do bolso, facer un xesto involuntario, dar media volta, regresar sobre os pasos dados, falar incongruentemente, dicir algo inconveniente, faltarse ao respecto a se mesmo, sentarse deixando caer o cu sobre o asento.

ESPECTADOR/A 19
TEMPO: Elíptico.
ESPAZO: A cadeira en sentido vertical.
ACCIÓN: Estar en todo momento cos ollos pechados, sempre sorrinte, e pensar, sentir ou dicir nalgún momento da vida en voz alta, cando o clímax sonoro o requira:
Os beizos dos pétalos aplacan toda a dor
Os beizos dos animais salvaxes sobre o meu corpo
vivifíca-me, Eu, morta, morta sempre, esquezo as noticias dos xornais
na nosa tenda de campaña no noso deserto onde nacéramos na nosa paisaxe onde nos preñaran e violaran nas nosas borrallas onde nos xermolaran e asasinaran todas e cada unha das veces que foi
lóxico e necesario.
¿Recordas?

ESPECTADOR/A 20
TEMPO: Comezar exactamente cando espectador/a 17 se levante para irse. Duración: A que mellor se axusta as premisas: brevidade e concisión.
ESPAZO: A traxectoria de espectador/a 17.
ACCIÓN: Levantarse, seguir a 17 e preguntarlle en voz alta:
Espera! Te pasa algo?
A continuación, deixar marchar a 17 e volver á cadeira correspondente.

ESPECTADOR/A 21
TEMPO: Comezar exactamente ao minuto 2 e 40 segundos (2’ 40’’). Duración: 1 minuto, máis o menos.
ESPAZO: O cotiá do espectador.
ACCIÓN: Romper en dous esta instrución. Descalzarse e introducir en cada un dos zapatos unha metade. A continuación calzarse de novo. Non darlle mais importancia a este acto que a que ten.

ESPECTADOR/A 22
TEMPO: Non comezar nunca. Duración: 0 absoluto.
ESPAZO: Fora do espazo.
ACCIÓN: Non entrar no xogo. Non acudir á cita. Non respectar o compromiso adquirido. Non entrar na cafetaría salvo en todo caso para pedir un refresco cola. Mirar a acción desde as cristaleiras do exterior. Non facer acenos nin xestos extraordinarios.
(Das cincuenta, esta instrución será a única que non exista como tal no espazo escénico. A súa existencia darase a coñecer persoalmente a alguén da confianza do actuante).

ESPECTADOR/A 23
TEMPO: Subxectivamente velocísimo: O final acontece case antes que o comezo.
ESPAZO: Un punto epicéntrico.
ACCIÓN: É importante que o espectador 23 teña espírito de detective. Apenas ver o que fai o actuante adiviñará o desenlace do relato. A partir deste momento terá a posibilidade de facer 3 cousas distintas:
A. Cantar en voz alta con gran entusiasmo (¡AO FINAL PASA QUE….!) para logo seguir sentado aburríndose completamente.
B. Saír do espazo para facer compañía a 22 e incitarlle repetidamente a que faga xestos.
C. Reprimirse. Taparase as orellas coas mans é xurar para se mesmo non volver a pensar no final (e gozar do presente).

ESPECTADOR/A 24
TEMPO: O que dura a lectura dunha noticia sobre a terrible situación que se vive nun país estranxeiro.
ESPAZO: O espazo de ficción da noticia.
ACCIÓN: Antes de que a acción de comezo, acudir ao mostrador do bar e coller un calquera dos diarios da prensa local. Ler unha noticia co detemento e subliñar unha frase necesaria. Recortar coas mans esta frase e deconstruirlla para facer un haiku con ela.

ESPECTADOR/A 25
TEMPO: Comezar exactamente no minuto 4 (4’). Duración: Un minuto moi largo.
ESPAZO: A periferia do espazo.
ACCIÓN: Escoller unha parella de baile, a ser posible alguén que busque unha parella de baile (por exemplo espectador/a 26). Bailar con ela o con el. En caso de que 26 non exista o non desexe bailar, levantarse e apoiarse nunha parede esperando que alguén teña a amabilidade de sacarlle a bailar. En caso de ser vostede quen non desexa bailar con ninguén, mover os pes do xeito nervioso.

ESPECTADOR/A 26
TEMPO: Comezar exactamente no minuto 4 (4’). Duración: Un minuto moi largo.
ESPAZO: A periferia do espazo.
ACCIÓN: Escoller unha parella de baile, a ser posible alguén que busque unha parella de baile (por exemplo espectador/a 25). Bailar con ela o con el. En caso de que 25 non exista o non desexe bailar, levantarse e apoiarse nunha parede esperando que alguén teña a amabilidade de sacarlle a bailar. En caso de ser vostede quen non desexa bailar con ninguén, mover os pes do xeito nervioso.

ESPECTADOR/A 27
TEMPO: Comezar exactamente ao minuto 4 e 15 segundos (4’ 15’’). Duración: O punto final o marca o esgotamento terminolóxico.
ESPAZO: O que atangue a indiferenza.
ACCIÓN: Soltar en voz alta palabras soltas, todas elas comezando pola sílaba “po”:
Po, poalla, pobo, pobre, podre, poema, poeta, podio, póla, pomo, polca, porca, pop, polo, porto, pouso, pozo, poxa, pouco, pose, portal, porrón, porra, pór, por, pontón, poeira, poesía, podremia, po,

ESPECTADOR/A 28
TEMPO: Comezar desde o principio a sentir profunda teima polo actuante. Un sentimento que explotará no minuto 4 e 15 segundos (4’ 15’’) e que tardará en apagarse.
ESPAZO: O espazo convencional da furia.
ACCIÓN: Levantarse, pedir explicación ao resto de espectadores (case gritando):
Pódese saber qué facemos aquí?
A continuación, saír correndo fora do espazo facendo espaventos para:
1. Xuntarse cos espectadores 22 e 23 (no caso de que esta sexa a alternativa tomada por 23) e contemplar o desenlace.
2. Fuxir lonxe, moi lonxe, fora do recinto onde vostede se encontra, fora da cidade, incluso fora do país.
3. Poñer unha reclamación (no lugar pertinente).

ESPECTADOR/A 29
TEMPO: Comezar desde o principio a sentir profunda tenrura polo actuante. Un sentimento que explotará no minuto 4 e 15 segundos (4’ 15’’) e que tardará en apagarse.
ESPAZO: O espazo convencional da amizade.
ACCIÓN: Levantarse, exclamar con gran saudade (case mancándose):
Pódese saber qué facemos aquí?
A continuación, discretamente saír correndo fora do espazo para:
1. Xuntarse cos espectadores 22 e 23 (no caso de que esta sexa a alternativa tomada por 23) e contemplar o desenlace.
2. Fuxir lonxe, moi lonxe, fora do recinto onde vostede se encontra, fora da cidade, incluso fora do país.
3. Poñer unha reclamación (no lugar pertinente).

ESPECTADOR/A 30
TEMPO: No minuto 4 e 10 segundos (4’ 10’’), espectador/a 30 comezará a súa intervención e terá que poñerlla en marcha tan lentamente que xamais poderá levarlla á cabo.
ESPAZO: O futuro mediano.
ACCIÓN: Independentemente da acción, a intención de 30 consiste en arrebatar as tesoiras ao actuante.

ESPECTADOR/A 31
TEMPO: No minuto 4 e 20 segundos (4’ 20’’), espectador/a 31 comezará a súa intervención discursiva sen ser moi consciente de cando poderá poñer fin ao que agora acaba de comezar.
ESPAZO: O futuro afastado.
ACCIÓN: Independentemente da acción, os pensamentos de 31 saen pola boca sen control que poda deterllos.

ESPECTADOR/A 32
TEMPO: No minuto 4 e 30 segundos (4’ 30’’), espectador/a 32 comezará a súa intervención no universo onírico.
ESPAZO: O futuro imposible.
ACCIÓN: Independentemente da acción, os soños de 32 serán tan inxenuos coma inexplicables e só a través do movemento das pupilas o resto dos espectadores poderán decatarse deles.

ESPECTADOR/A 33
TEMPO: Paradóxico (Dende o minuto 4 e 44 segundos (4’ 44’’) ata o minuto 4 e 44 segundos (4’ 44’’)).
ESPAZO: Singular, na propia cadeira.
ACCIÓN: Neste intre, no-computable, o espectador 33 fará un sinxelo xesto cara o grupo. (Este xesto, desapercibido polo grupo, non será invisible, sen embargo).

ESPECTADOR/A 34
TEMPO: Comezar exactamente ao minuto 5 e 1 segundos (5’ 1’’). Duración: 15-30 segundos.
ESPAZO: Poético.
ACCIÓN: Dirixirse cara espectador/a 19 e responder a súa réplica:
Naturalmente que recordo, non vou a recordar, é imposible que che afaste da miña memoria, nin sequera un intre, Fixado, si, fixado, todo está fixado coma bolboretas do pasado, bolboretas nocturnas, carunchos que están a se converter no inverno en vermes, vermes, vermes, vermes das inermes conciencias.
A continuación, regresar á cadeira correspondente.

ESPECTADOR/A 35
TEMPO: Comezar exactamente ao minuto 5 e 2 segundos (5’ 2’’). Duración: 15-30 segundos.
ESPAZO: Plástico.
ACCIÓN: Dirixirse cara espectador/a 16 e responder a súa réplica:
A fraxilidade non é un síntoma de que algo no interior non tardará en romperse, a fraxilidade non é un síntoma de que todo na pel non tardará en ser substituído, a fraxilidade non é un síntoma de que todo no aire non tardará en fuxir, a fraxilidade é só o que permanece no interior despois da ruptura, a fraxilidade é só o que na superficie permaneceu oculta, a fraxilidade é só o que quedou tras a tormenta.
A continuación, regresar á cadeira correspondente.

ESPECTADOR/A 36
TEMPO: Comezar exactamente ao minuto 5 e 3 segundos (5’ 3’’). Duración: 15-30 segundos.
ESPAZO: Sonoro.
ACCIÓN: Dirixirse cara espectador/a 12 e responder a súa réplica:
Xa, xa podes falar, falar todo o que queiras, xa
xa, xa podes gritar, gritar todo o que desexes, xa
xa, xa podes vomitar, vomitar todo o que che fai mal, xa
xa, xa podes calar, calar todo o que pensas, xa
se ti queres.
A continuación, regresar á cadeira correspondente.

ESPECTADOR/A 37
TEMPO: Comezar exactamente ao minuto 5 e 4 segundos (5’ 4’’). Duración: No definida.
ESPAZO: Unidimensional.
ACCIÓN: Dirixirse cara espectador/a 8 e responder a súa réplica coa réplica mesma:
E ti, quén es? Non vexo que sexas capaz de falar con sinceridade.
Permanecer ao lado do 8.

ESPECTADOR/A 38
TEMPO: Comezar exactamente ao minuto 5 e 30 segundos (5’ 30’’). Duración: No definida.
ESPAZO: O políticamente incorrecto.
ACCIÓN: Sentado/a na cadeira. Co naturalidade e sen intención de proxección, pero cun sentido claro –do xeito que o actuante entenda a dirección da elocución-, dicir:
Eu non vou a facer nada mentres non fagan algo os que nos gobernan. Se eles non permiten que isto pase, qué non podo facer eu? Eu son alguén, fagamos o que fagamos os nosos actos serán tidos en conta. Vivimos nun mundo estranxeiro que nos obriga a non crernos cidadáns, pero somos mais que pezas illadas que dan sentido ao labirinto. Grazas, o labirinto pode ser nomeado. Grazas, o labirinto pode ser dito, debuxado, pensado. Grazas, o labirinto aviva o fogo dos pensamentos, o alento das vontades, a pel das accións.
A continuación, volver a sentarse sen atender a ningunha réplica de ninguén.

ESPECTADOR/A 39
TEMPO: Comezar ao minuto 5 e 31 segundos (5’ 31’’). Duración: Todo o resto do tempo.
ESPAZO: O que mentalmente sexa necesario.
ACCIÓN: Sentado/a, para se mesmo/a en voz baixa pero lixeiramente audible:
É que ninguén vai a facer nada?

ESPECTADOR/A 40
TEMPO: Comezar ao minuto 5 e 31 segundos (5’ 31’’). Duración: Todo o resto do tempo.
ESPAZO: O que mentalmente sexa necesario.
ACCIÓN: Sentado/a, para se mesmo/a en voz baixa pero claramente audible:
É que ninguén vai a facer nada?

ESPECTADOR/A 41
TEMPO: Comezar ao minuto 5 e 31 segundos (5’ 31’’). Duración: Todo o resto do tempo.
ESPAZO: O que mentalmente sexa necesario.
ACCIÓN: Sentado/a, para se mesmo/a en voz baixa pero á forza audible:
É que ninguén vai a facer nada?

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s